Galego

Novidades 2025

As Emociconas. Onde van? de Susana Peix ; Mercè Canals (il). Publica Cumio, febrero, 2025. (Lemos +5).

As Emociconas son como son, cada unha coa súa personalidade. Cada unha ten unha forma xeométrica e unhas determinadas emocións: desde Riseira, un rombo amarelo cheo de alegría, ata Rosmón, unha nube gris moi rabuda. A través das súas aventuras, descubrirás o emocionante mundo das emocións mentres dás os primeiros pasos como lector. 

Benvido ao universo das Emociconas!

Quero saber máis

Publicado también en castellano y català.

As Emociconas. Son Alegre. de Susana Peix ; Mercè Canals (il). Publica Cumio, febrero, 2025. (Lemos +5).

Riseira sempre está feliz e contenta. Ten a cor do sol e, cando sae polas mañás, a súa luz dálle máis alegría. Hoxe está a chover. Pero aos seus amigos non lles gusta a chuvia…

Haberá un efecto contaxio?

Quero saber máis

Publicado también en castellano y català.

Novidades 2024

Cubierta del libro. O carteiro que non sabia ler

O carteiro que non sabia ler. Susana Peix e ilustraciones de Mar Sánchez. Publicado por Triqueta verde, novembro de 2024.

Lucas, o carteiro do bosque, goza repartindo cartas e, aínda que non sabe ler, grazas á súa intuición e ao apoio dos seus veciños, sempre logra cumprir co seu traballo. Pero un día recibe unha carta diferente, e por primeira vez, non sabe a quen debe entregala. Decidido a resolver o misterio, Lucas percorrerá o bosque en busca d

Para quen será esa misteriosa carta?

Publicado también en castellano y català.

Aventura no Ártico de Susana Peix y Francesc Bailón e ilustraciones de Mar Villar. Publica Cumio, octubre, 2024. (Lemos +8).

Cubierta del libro. Aventura no artico

Tulok e Sila saíron na súa zorra dispostos a encontrar os tuniit, unha tribo de xigantes que, segundo as historias do avó Malik, viviran no Ártico había moitos anos. Ninguén os vira nunca, aínda que encontraran algunhas pisadas enormes gravadas na neve do deserto de xeo.

Unha tormenta de neve, un alude inesperado e un encontro sorprendente levaranos a vivir unha aventura inesquecíbel. Atoparán a tribo prehistórica? Acompáñaos nesta aventura!

Publicado también en castellano y català.

Un ladron no museo. Susana Peix y José ignacio Valenzuela e ilustracions de Maria Brenn. Publica Cumio, octubre, 2024. (Lemos +8).

Durante a visita ao museo paleontolóxico dun grupo de escolares, descobren que desapareceu un dos ósos do esqueleto de tiranosauro rex. Ninguén podería saír do museo até que desen co ladrón!

Lucas e Leonora sabían que chegara o momento: tiñan que investigar para descubrir o autor do delito. Pero non ía ser tan sinxelo como pensaban ao atoparen a primeira pista… Descubrirán quen roubou o óso do dinosauro?

Publicado también en castellano y català.

978848289653

Dente de león de Susana Peix ; Andrea Noca (il). Publica Cumio, febrero, 2024. (Lemos +6).

A Sugar dáballe preguiza cavar unha tobeira onde se protexer do frío e, cando se encontrou con Piper, que buscaba un dente de león, pensou que, se a acompañaba, a toupa cavaría unha tobeira para ela. As toupas eran grandes escavadoras! Ademais, a mofeta estaba convencida de que endexamais atoparían un león tan lonxe de África.

Encontrarán a mofeta e a toupa un dente de león no bosque?

Quero saber máis.

Publicado también en castellano y català.

978848289656

Draco. Aventura na montaña de Susana Peix ; Seta Gimeno (il). Publica Cumio, febrero, 2024. (Lemos +6).

A Draco gustáballe atravesar a grosa capa de nubes e voar por riba delas. Desde alí semellaban de algodón!

Pero, unha mañá, non se decatou de que as nubes eran grises e, ao intentar atravesar a tormenta, mancou unha das súas ás… Conseguirá Draco regresar á súa cova?

Quero saber máis

Publicado también en castellano y català.

Novidades 2023

978848289644

Labores do lugar de Susana Peix y Víctor Mascato ; Jaume Mora (il). Publica Cumio, octubre 2023.

As persoas que vivían nos pobos emigraban ás cidades en busca de oportunidades profesionais que pensaban que a contorna rural non podía ofrecer. Co paso do tempo, démonos conta de que os espazos rurais foron quedando baleiros e, en contra do que moita xente pensaba, as oportunidades que ofrecen estes lugares son, agora, cada vez máis grandes.

Actualmente hai máis xente que está a facer o contrario, volvendo aos pobos para retomar oficios tradicionais. O mundo vira cada vez máis rápido e con él nosa forma de consumir e traballar, por iso cada vez buscamos profesións de proximidade que aposten pola sustentabilidade, no económico, no social e no medioambiental.

Publicado también en castellano y català.

978848289636

O misterio na chuvia de Susana Peix y Pilar Serrano ; César Barceló (il). Publica Cumio, septiembre, 2023. (Lemos +8)

Na cidade de Comodora deixou de chover de repente. A auga durou ata que secou o pantano, entón empezaron as restricións. —Eu teño a solución á seca! —exclamou o señor Gostri, o home máis rico da cidade—. Acabamos de construír unhas máquinas para facer nubes artificiais. Pero detrás daquel ofrecemento había un grande engano.

Martina e a súa cuadrilla “Metais” saben que pasa algo estraño, así que investigarán para descubrir o misterio da chuvia.

Tamén dispoñible en español e catalán.

978848289633

Trala pisada dos dinosauros de Susana Peix y Jordi Fenosa ; Sílvia Álvarez (il). Publica Cumio, septiembre, 2023. (Lemos +8).

A manda de braquiosauros marchara cara ao sur e deixaran abandonado, sen querer, un dos seus ovos. Cando este escachou, Pat, a pequena braquiosauro, topouse con Oti, que buscaba un ovo para larpar. Ao decatarse de que a manda a abandonara, Pat empezou a chorar desconsolada. Choraba tanto que a casca do ovo se encheu de bágoas e, entón, Oti ofreceuse a axudala…

Solo terían que seguir as pisadas dos dinosauros!

Tamén dispoñible en español e catalán.

978848289609

O rei medorento de Susana Peix e Héctor Borlasca, publica Cumio marzo 2023. (Lemos+6)

Ao rei Fear dáballe medo a escuridade. Tiña tanto medo que se encerraba na súa alcoba cada noite para non ver como o sol desaparecía no horizonte. Necesitaba atopar unha solución ao seu problema. No palacio ninguén durmía pola noite, así que decidiu buscar o sabio máis sabio do reino…

Tamén dispoñible en español e catalán

978848289612

O mellor gato da vila de Susana Peix e Brenda Figueroa, publica Cumio marzo 2023. (Lemos+6)

A Calcetíns encántanlle os ratos, pero non para comelos. Gústalle brincar con eles. Agarda a que saian do seu agocho e perségueos pola casa. Mais iso non é o que espera a súa dona del. Calcetíns terá que demostrar que é o mellor gato da vila para seguir vivindo na casa. Será quen de conseguilo?

Tamén dispoñible en español e catalán

Novidades 2022

978848289592

A vida dos Inuit Fracesc Bailón e Susana Peix (texto) e Sílvia Álvarez (ilustracións), Publica Cumio, setembro 2022.

Un pobo que sobreviviu a unhas condicións de vida extrema e dos que temos unha visión romántica, idealizada e en certos aspectos errónea.

A vida dos inuit. Quen son os inuit? Como se protexían do frío extremo? Onde e como vivían? Como era a súa cultura, as súas tradicións e crenzas? Como se adaptaron aos grandes cambios da historia? A través das páxinas convídase ao lector a facer un percorrido pola cultura inuit desde as súas orixes ata a actualidade para coñecer as súas tradicións, descubrir moitas curiosidades e entender a súa evolución nunha das zonas máis frías do planeta Terra.

Queres saber máis?

Tamén dispoñible en español e catalán

inuit-gal-pax

Un carnaval moi animal Susana Peix e Roger Zanni. Publica Cumio, setembro 2022. (Lemos+6)

978848289589

No parque íase celebrar o Carnaval. Todos os animais estaban emocionados ao saberen que celebrarían unha festa de disfraces. Todos agás o rinoceronte, que lles dixo que non iría.

-O rinoceronte non pode perder a festa -dixeron.

-Sera´ moi divertida! Teri´an que facer algo…

O apoderamento é a capacidade de lograr unha transformación ante unha situación de vulnerabilidade e, nalgunhas ocasións, é necesaria para facerlle fronte aos costumes e ao xeito habitual de se relacionar coa contorna. O poder de decisión e o valor son esenciais para conseguir o cambio.

Queres saber máis?

Tamén dispoñible en español e catalán

Lemos +6 é unha colección creada para fomentar e gozar da lectura por pracer, a través de historias frescas que teñen un transfondo cheo de valores: solidariedade, amizade, honestidade, perseveranza… Valores, que aparecerán de maneira transversal e normalizadora nuns libros que presentan todas as características de accesibilidade á lectura no que respecta ao formato, a tipografía, disposición do texto, contraste de cor e ilustracións. Características pensadas e deseñadas desde a súa orixe para facilitar o acceso á lectura a todos os nenos e a todas as nenas.

978848289586

De quen é este ovo? Susana Peix e Anna Mongay. Publica Cumio, setembro 2022. (Lemos+6)

Todo ocorreu unha mañá de primavera. Na granxa formouse un gran balbordo pola aparición dun misterioso ovo no medio do curral. As aves estaban todas moi nerviosas, sobre todo as mamás que, con tanto mimo, chocaban os seus ovos. A curiosidade é un comportamento natural que estimula a aprendizaxe. Permítenos avanzar e facer cousas novas, aínda que ás veces necesitemos paciencia para conseguir a calma e a tranquilidade que cómpre para agardar que algo suceda.

Queres saber máis?

Tamén dispoñible en español e catalán

. David Gómez, Susana Peix y Carolina Luzón. Publica Cumio, 2022.

Ao pequeno ourizo, a súa mamá dixéralle que aos ourizos gustáballes estar sós. E para comprobar se iso era certo, o pequeno ourizo adentrouse no bosque. Estarei ben só?, preguntouse antes de comezar a súa viaxe. Na súa travesía, o protagonista desta historia cruzarase con outros animais do bosque que lle farán sentir estados de ánimo moi diferentes: curiosidade, medo, desconfianza, ou tranquilidade entre outros.

Levaría razón a súa nai ou a súa viaxe descubriralle novas emocións?

978848289559

Planeta Q, un lugar onde vivir. Peix, Susana ; Montañá, Marta. Cumio, marzo 2022. (Lemos+6)

O Zeta andaba sempre a vagar: porque non podía durmir, porque tiña demasiado calor… Estaba convencido de que sería moito máis feliz se puidese marchar daquel terrible planeta que o puxo en pé. Fins que algún día sucederá algo inesperado que o cambiará todo.

978848289562

Un elefante no deserto africano. Peix, Susana ; Òscar Julve. Cumio, marzo 2022. (Lemos+6)

A pequena musaraña Sori quería revivir as aventuras que lle contaba cada noite, antes de ir durmir, o avó Bigotes:

—O mundo está cheo de animais peludos, pequerrechiña! —dicíalle.

Así que, unha mañá saíu do tobo decidida a atopar un dos seus curmáns afastados, por moi difícil que fose.

2021

978848289540

Un lobo de conto. Peix, Susana ; Canals, Mercè. Cumio, 2021. (Lemos+6)

En tanto que os seus brincaban no bosque e aprendían a ser lobos, o pequeño lobeto sempre ficaba na cova. Encantáballe escoitar os contos que lle contaba a súa nai. Era una grande inventora de historias! Os seus irmáns pensaban que esas historias eran unha perda de tempo, até que un día o lobiño lles deu unha boa lección.

Lemos +6 é unha colección creada para fomentar e gozar da lectura por pracer, a través de historias frescas que teñen un transfondo cheo de valores: solidariedade, amizade, honestidade, perseveranza… Valores, que aparecerán de maneira transversal e normalizadora nuns libros que presentan todas as características de accesibilidade á lectura no que respecta ao formato, a tipografía, disposición do texto, contraste de cor e ilustracións. Características pensadas e deseñadas desde a súa orixe para facilitar o acceso á lectura a todos os nenos e nenas.

978848289543

Milko, un heroe con moita fame. Peix, Susana ; Julilustrador. Cumio, 2021. (Lemos+6)

A Milko encantáballe durmir. Pero había algo que aínda lle gustaba máis que durmir: ¡Comer follas de eucalipto! Unha mañá levantouse, coma sempre, con fame e, mentres subía á procura das follas máis frescas e saborosas, escoltou un laio. Alguén precisou axuda. Que fará Milko? Seguirá o seu propio camiño ou axudará aos necesitados, aínda que teña moito que gañar?

Lemos +6 é unha colección creada para fomentar e gozar da lectura por pracer, a través de historias frescas que teñen un transfondo cheo de valores: solidariedade, amizade, honestidade, perseveranza… Valores, que aparecerán de maneira transversal e normalizadora nuns libros que presentan todas as características de accesibilidade á lectura no que respecta ao formato, a tipografía, disposición do texto, contraste de cor e ilustracións. Características pensadas e deseñadas desde a súa orixe para facilitar o acceso á lectura a todos os nenos e nenas.

captura-de-pantalla-2021-05-11-a-las-16.51.38-600x788-1

Quero ser raíña. Peix, Susana ; Torrent, Dani. Triqueta Verde, 2021.

Os guerreiros estaban preparados para un novo combate cando Will, un dos soldados, díxolles aos seus compañeiros:

—Quero ser raíña!

—Que dis? —riron algúns soldados.

—Iso é imposible! —exclamou un de eles—. En todo caso quererás ser rei!

«Tanto dá», pensou Will, e non volveu mencionalo. Pero estaba decidido: non pararía ata conseguilo.

O libro gustarache porque este álbum utiliza o símil da batalla entre dous reinos para narrar a historia dun soldado que loita por ser raíña con todo o que conleva unha afirmación así nun exército. Will, deberá loitar contra os prexuízos librando unha batalla onde a perseveranza e a tenacidade levásenlle a cumprir o seu obxectivo. Pero nesta historia nada é o que parece, ou quizá si!

RECOMENDADO PARA:

Normalizar a diversidade desde o punto de vista da identidade de xénero a través dunha figura un soldado que di querer ser raíña. A reacción do resto da tropa e como a perseveranza e a tenacidade levaralle a conseguilo. Pero neste álbum, nada é o que parece e baixo a normalización da diversidade de xénero os lectores e lectoras descubrirán un final sorprendente.

RECOMENDADO PARA:

Normalizar a diversidade desde o punto de vista da identidade de xénero a través dunha figura un soldado que di querer ser raíña. A reacción do resto da tropa e como a perseveranza e a tenacidade levaralle a conseguilo. Pero neste álbum, nada é o que parece e baixo a normalización da diversidade de xénero os lectores e lectoras descubrirán un final sorprendente.

2020

captura-de-pantalla-2020-11-01-a-las-16.29.06

Lectura e discapacidade. Que, quen e como. Almirall, Meritxell ; Peix, Susana. A Coruña: Bululú, 2020.

Unha das tarefas dos prescritores de literatura infantil é a de unir esforzos para garantir que todos os nenos e nenas accedan á lectura en igualdade de condicións, sobre todo, á lectura como fonte de pracer. Pero non toda a rapazada ten as mesmas capacidades. A miúdo pensamos na inclusividade como unha utopía, como un ideal que custa moito conseguir por falta de recursos materiais, humanos e económicos. Queremos romper con estes tópicos e concienciar do poder que temos os profesionais e as familias para contribuír á inclusividade plena. A maneira como tratamos ás persoas con discapacidade pode marcar unha diferenza na súa vida como consecuencia diso, na nosa sociedade. Os pequenos cambios xerámolos cada un de nós.

Os meus veciños. Peix, Susana ; Sunyer, Jordi. Vigo: Triqueta Verde, 2020.

Ía e Fran son os meus veciños, e creo que están namorados.

Con esta afirmación comeza unha historia que fala do AMOR

en maiúsculas, do namoramento entre dúas persoas en toda a súa esencia, desde a visión da súa protagonista: unha nena que observa como os seus veciños se agarran das mans cando van pola rúa, como se fan garatuxas de namorados…

Un relato que nos mostra a naturalidade coa que os nenos e as nenas ven o mundo.

Tambien disponible en castellano i en català

2019

2a Edición de Xa voooou en mayúsculas!

XA VOOOOU! Peix, Susana; Martí, Romina (il). A Coruña: Bululú, 2019. (Carantoña).

Suit é un peixe pequeno como calquera outro: el vive no fondo do océano, nada moi rápido … Pero ten un pequeno problema: el é moi despistado.

2016

Xa vou+susana peix

Xa voooou! Peix, Susana; Martí, Romina (il). A Coruña: Bululú, 2016. (Carantoña).

Suit es un pececillo un poco despistado y ello le causa muchos problemas. Cada día alguien se enfada con él pues le piden alguna cosa y el contesta ¡Ya vooooy! pero luego se entretiene, y se le olvida. El lunes su mamá se enfada con él, el martes es la señora ostra, el miércoles su vecino… ¡Suerte que su amiga Nora le hace un gran regalo!

Tambien disponible en castellano i en català.