Galego

Novidades 2024

Dente de león de Susana Peix ; Andrea Noca (il). Publica Cumio, febrero, 2024. (Lemos +6).978848289653

A Sugar dáballe preguiza cavar unha tobeira onde se protexer do frío e, cando se encontrou con Piper, que buscaba un dente de león, pensou que, se a acompañaba, a toupa cavaría unha tobeira para ela. As toupas eran grandes escavadoras! Ademais, a mofeta estaba convencida de que endexamais atoparían un león tan lonxe de África.

Encontrarán a mofeta e a toupa un dente de león no bosque?

Quero saber máis.

Publicado también en castellano y català.

Draco. Aventura na montaña de Susana Peix ; Seta Gimeno (il). Publica Cumio, febrero, 2024. (Lemos +6).978848289656

A Draco gustáballe atravesar a grosa capa de nubes e voar por riba delas. Desde alí semellaban de algodón!

Pero, unha mañá, non se decatou de que as nubes eran grises e, ao intentar atravesar a tormenta, mancou unha das súas ás… Conseguirá Draco regresar á súa cova?

Quero saber máis

Publicado también en castellano y català.

Novidades 2023

978848289644Labores do lugar de Susana Peix y Víctor Mascato ; Jaume Mora (il). Publica Cumio, octubre 2023.

As persoas que vivían nos pobos emigraban ás cidades en busca de oportunidades profesionais que pensaban que a contorna rural non podía ofrecer. Co paso do tempo, démonos conta de que os espazos rurais foron quedando baleiros e, en contra do que moita xente pensaba, as oportunidades que ofrecen estes lugares son, agora, cada vez máis grandes.

Actualmente hai máis xente que está a facer o contrario, volvendo aos pobos para retomar oficios tradicionais. O mundo vira cada vez máis rápido e con él nosa forma de consumir e traballar, por iso cada vez buscamos profesións de proximidade que aposten pola sustentabilidade, no económico, no social e no medioambiental.

Publicado también en castellano y català.

978848289636O misterio na chuvia de Susana Peix y Pilar Serrano ; César Barceló (il). Publica Cumio, septiembre, 2023. (Lemos +8)

Na cidade de Comodora deixou de chover de repente. A auga durou ata que secou o pantano, entón empezaron as restricións. —Eu teño a solución á seca! —exclamou o señor Gostri, o home máis rico da cidade—. Acabamos de construír unhas máquinas para facer nubes artificiais. Pero detrás daquel ofrecemento había un grande engano.

Martina e a súa cuadrilla “Metais” saben que pasa algo estraño, así que investigarán para descubrir o misterio da chuvia.

Tamén dispoñible en español e catalán.

978848289633Trala pisada dos dinosauros de Susana Peix y Jordi Fenosa ; Sílvia Álvarez (il). Publica Cumio, septiembre, 2023. (Lemos +8).

A manda de braquiosauros marchara cara ao sur e deixaran abandonado, sen querer, un dos seus ovos. Cando este escachou, Pat, a pequena braquiosauro, topouse con Oti, que buscaba un ovo para larpar. Ao decatarse de que a manda a abandonara, Pat empezou a chorar desconsolada. Choraba tanto que a casca do ovo se encheu de bágoas e, entón, Oti ofreceuse a axudala…

Solo terían que seguir as pisadas dos dinosauros!

Tamén dispoñible en español e catalán.

O rei medorento de Susana Peix e Héctor Borlasca, publica Cumio marzo 2023. (Lemos+6)978848289609

Ao rei Fear dáballe medo a escuridade. Tiña tanto medo que se encerraba na súa alcoba cada noite para non ver como o sol desaparecía no horizonte. Necesitaba atopar unha solución ao seu problema. No palacio ninguén durmía pola noite, así que decidiu buscar o sabio máis sabio do reino…

Tamén dispoñible en español e catalán

978848289612O mellor gato da vila de Susana Peix e Brenda Figueroa, publica Cumio marzo 2023. (Lemos+6)

A Calcetíns encántanlle os ratos, pero non para comelos. Gústalle brincar con eles. Agarda a que saian do seu agocho e perségueos pola casa. Mais iso non é o que espera a súa dona del. Calcetíns terá que demostrar que é o mellor gato da vila para seguir vivindo na casa. Será quen de conseguilo?

Tamén dispoñible en español e catalán

Novidades 2022

A vida dos Inuit Fracesc Bailón e Susana Peix (texto) e Sílvia Álvarez (ilustracións), Publica Cumio, setembro 2022.978848289592

Un pobo que sobreviviu a unhas condicións de vida extrema e dos que temos unha visión romántica, idealizada e en certos aspectos errónea.

A vida dos inuit. Quen son os inuit? Como se protexían do frío extremo? Onde e como vivían? Como era a súa cultura, as súas tradicións e crenzas? Como se adaptaron aos grandes cambios da historia? A través das páxinas convídase ao lector a facer un percorrido pola cultura inuit desde as súas orixes ata a actualidade para coñecer as súas tradicións, descubrir moitas curiosidades e entender a súa evolución nunha das zonas máis frías do planeta Terra.

Queres saber máis?

Tamén dispoñible en español e catalán

inuit-gal-pax

Un carnaval moi animal Susana Peix e Roger Zanni. Publica Cumio, setembro 2022. (Lemos+6)

978848289589

No parque íase celebrar o Carnaval. Todos os animais estaban emocionados ao saberen que celebrarían unha festa de disfraces. Todos agás o rinoceronte, que lles dixo que non iría.

-O rinoceronte non pode perder a festa -dixeron.

-Sera´ moi divertida! Teri´an que facer algo…

O apoderamento é a capacidade de lograr unha transformación ante unha situación de vulnerabilidade e, nalgunhas ocasións, é necesaria para facerlle fronte aos costumes e ao xeito habitual de se relacionar coa contorna. O poder de decisión e o valor son esenciais para conseguir o cambio.

Queres saber máis?

Tamén dispoñible en español e catalán

Lemos +6 é unha colección creada para fomentar e gozar da lectura por pracer, a través de historias frescas que teñen un transfondo cheo de valores: solidariedade, amizade, honestidade, perseveranza… Valores, que aparecerán de maneira transversal e normalizadora nuns libros que presentan todas as características de accesibilidade á lectura no que respecta ao formato, a tipografía, disposición do texto, contraste de cor e ilustracións. Características pensadas e deseñadas desde a súa orixe para facilitar o acceso á lectura a todos os nenos e a todas as nenas.

De quen é este ovo? Susana Peix e Anna Mongay. Publica Cumio, setembro 2022. (Lemos+6)978848289586

Todo ocorreu unha mañá de primavera. Na granxa formouse un gran balbordo pola aparición dun misterioso ovo no medio do curral. As aves estaban todas moi nerviosas, sobre todo as mamás que, con tanto mimo, chocaban os seus ovos. A curiosidade é un comportamento natural que estimula a aprendizaxe. Permítenos avanzar e facer cousas novas, aínda que ás veces necesitemos paciencia para conseguir a calma e a tranquilidade que cómpre para agardar que algo suceda.

Queres saber máis?

Tamén dispoñible en español e catalán

. David Gómez, Susana Peix y Carolina Luzón. Publica Cumio, 2022.

Ao pequeno ourizo, a súa mamá dixéralle que aos ourizos gustáballes estar sós. E para comprobar se iso era certo, o pequeno ourizo adentrouse no bosque. Estarei ben só?, preguntouse antes de comezar a súa viaxe. Na súa travesía, o protagonista desta historia cruzarase con outros animais do bosque que lle farán sentir estados de ánimo moi diferentes: curiosidade, medo, desconfianza, ou tranquilidade entre outros.

Levaría razón a súa nai ou a súa viaxe descubriralle novas emocións?

Planeta Q, un lugar onde vivir. Peix, Susana ; Montañá, Marta. Cumio, marzo 2022. (Lemos+6)978848289559

O Zeta andaba sempre a vagar: porque non podía durmir, porque tiña demasiado calor… Estaba convencido de que sería moito máis feliz se puidese marchar daquel terrible planeta que o puxo en pé. Fins que algún día sucederá algo inesperado que o cambiará todo.

Un elefante no deserto africano. Peix, Susana ; Òscar Julve. Cumio, marzo 2022. (Lemos+6)978848289562

A pequena musaraña Sori quería revivir as aventuras que lle contaba cada noite, antes de ir durmir, o avó Bigotes:

—O mundo está cheo de animais peludos, pequerrechiña! —dicíalle.

Así que, unha mañá saíu do tobo decidida a atopar un dos seus curmáns afastados, por moi difícil que fose.

2021

Un lobo de conto. Peix, Susana ; Canals, Mercè. Cumio, 2021. (Lemos+6)978848289540

En tanto que os seus brincaban no bosque e aprendían a ser lobos, o pequeño lobeto sempre ficaba na cova. Encantáballe escoitar os contos que lle contaba a súa nai. Era una grande inventora de historias! Os seus irmáns pensaban que esas historias eran unha perda de tempo, até que un día o lobiño lles deu unha boa lección.

Lemos +6 é unha colección creada para fomentar e gozar da lectura por pracer, a través de historias frescas que teñen un transfondo cheo de valores: solidariedade, amizade, honestidade, perseveranza… Valores, que aparecerán de maneira transversal e normalizadora nuns libros que presentan todas as características de accesibilidade á lectura no que respecta ao formato, a tipografía, disposición do texto, contraste de cor e ilustracións. Características pensadas e deseñadas desde a súa orixe para facilitar o acceso á lectura a todos os nenos e nenas.

Milko, un heroe con moita fame. Peix, Susana ; Julilustrador. Cumio, 2021. (Lemos+6)978848289543

A Milko encantáballe durmir. Pero había algo que aínda lle gustaba máis que durmir: ¡Comer follas de eucalipto! Unha mañá levantouse, coma sempre, con fame e, mentres subía á procura das follas máis frescas e saborosas, escoltou un laio. Alguén precisou axuda. Que fará Milko? Seguirá o seu propio camiño ou axudará aos necesitados, aínda que teña moito que gañar?

Lemos +6 é unha colección creada para fomentar e gozar da lectura por pracer, a través de historias frescas que teñen un transfondo cheo de valores: solidariedade, amizade, honestidade, perseveranza… Valores, que aparecerán de maneira transversal e normalizadora nuns libros que presentan todas as características de accesibilidade á lectura no que respecta ao formato, a tipografía, disposición do texto, contraste de cor e ilustracións. Características pensadas e deseñadas desde a súa orixe para facilitar o acceso á lectura a todos os nenos e nenas.

Quero ser raíña. Peix, Susana ; Torrent, Dani. Triqueta Verde, 2021.captura-de-pantalla-2021-05-11-a-las-16.51.38-600x788-1

Os guerreiros estaban preparados para un novo combate cando Will, un dos soldados, díxolles aos seus compañeiros:

—Quero ser raíña!

—Que dis? —riron algúns soldados.

—Iso é imposible! —exclamou un de eles—. En todo caso quererás ser rei!

«Tanto dá», pensou Will, e non volveu mencionalo. Pero estaba decidido: non pararía ata conseguilo.

O libro gustarache porque este álbum utiliza o símil da batalla entre dous reinos para narrar a historia dun soldado que loita por ser raíña con todo o que conleva unha afirmación así nun exército. Will, deberá loitar contra os prexuízos librando unha batalla onde a perseveranza e a tenacidade levásenlle a cumprir o seu obxectivo. Pero nesta historia nada é o que parece, ou quizá si!

RECOMENDADO PARA:

Normalizar a diversidade desde o punto de vista da identidade de xénero a través dunha figura un soldado que di querer ser raíña. A reacción do resto da tropa e como a perseveranza e a tenacidade levaralle a conseguilo. Pero neste álbum, nada é o que parece e baixo a normalización da diversidade de xénero os lectores e lectoras descubrirán un final sorprendente.

2020

captura-de-pantalla-2020-11-01-a-las-16.29.06Lectura e discapacidade. Que, quen e como. Almirall, Meritxell ; Peix, Susana. A Coruña: Bululú, 2020.

Unha das tarefas dos prescritores de literatura infantil é a de unir esforzos para garantir que todos os nenos e nenas accedan á lectura en igualdade de condicións, sobre todo, á lectura como fonte de pracer. Pero non toda a rapazada ten as mesmas capacidades. A miúdo pensamos na inclusividade como unha utopía, como un ideal que custa moito conseguir por falta de recursos materiais, humanos e económicos. Queremos romper con estes tópicos e concienciar do poder que temos os profesionais e as familias para contribuír á inclusividade plena. A maneira como tratamos ás persoas con discapacidade pode marcar unha diferenza na súa vida como consecuencia diso, na nosa sociedade. Os pequenos cambios xerámolos cada un de nós.

Os meus veciños. Peix, Susana ; Sunyer, Jordi. Vigo: Triqueta Verde, 2020.

Ía e Fran son os meus veciños, e creo que están namorados.

Con esta afirmación comeza unha historia que fala do AMOR

en maiúsculas, do namoramento entre dúas persoas en toda a súa esencia, desde a visión da súa protagonista: unha nena que observa como os seus veciños se agarran das mans cando van pola rúa, como se fan garatuxas de namorados…

Un relato que nos mostra a naturalidade coa que os nenos e as nenas ven o mundo.

Tambien disponible en castellano i en català

2019

2a Edición de Xa voooou en mayúsculas!

XA VOOOOU! Peix, Susana; Martí, Romina (il). A Coruña: Bululú, 2019. (Carantoña).

Suit é un peixe pequeno como calquera outro: el vive no fondo do océano, nada moi rápido … Pero ten un pequeno problema: el é moi despistado.

2016

Xa vou+susana peixXa voooou! Peix, Susana; Martí, Romina (il). A Coruña: Bululú, 2016. (Carantoña).

Suit es un pececillo un poco despistado y ello le causa muchos problemas. Cada día alguien se enfada con él pues le piden alguna cosa y el contesta ¡Ya vooooy! pero luego se entretiene, y se le olvida. El lunes su mamá se enfada con él, el martes es la señora ostra, el miércoles su vecino… ¡Suerte que su amiga Nora le hace un gran regalo!

Tambien disponible en castellano i en català.